paulaslokisimas

Monday, May 30, 2005

CRÍTICA DOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN

Nos pensamos que os medios de comunicación hoxe en día non están moi ben. As veces cóntannos cousas pouco importantes havendo moitas mais cousa na nosa GALIZA máis importantes. Non sabemos o porqué, pode ser porque llo prohiban os xefes ou non sei porqué.
Por exemplo sempre que hay votacións votan unha semana falando das votación e as outras cousa que hay polo mundo non lle dan importancia non saben que hay moitos nenos morrendo de fame no mundo e que? a eles que lle importa se o único que queren e poder gañar as eleccións.
Son todos unhos preas e nos pensamos que deverían pensar un pouco mais nas cousas que andan a facer.

OS ANIMAIS

Son unha rapaza a que lle gustan moito os animais, teño sorte, nacín no campo e vivo rodeada deles. Meus pais teñen unha grnaxa e a min esto en cantame xa que a miña casa parece un zoolóxico. Teño un gato siamés, 14 vacas e non sei cantas galiñas, 5 coellos dous cadelos pequenos, un can e unha cadela e 5 grandes, unha ovella e dous años, non sei cantos capóns, dous porcos, un becerro e encantaríame ter un cabalo porque é un dos meus animais preferidos.
Odio a xente que os maltrata ou que os abandona, ou que os mata salvaxemente por exemplo os toureiros.
Un dos cans que teño eu estaba abandonado, encontreino no contedor do lixo. Pasei por alí e sentino laiar, el mirou pa min e doume tanta pena que o levei para a casa e ata hoxe.
Seguide o meu consello non maltratedes os animais porfavor. PAULA CALVIÑO

Wednesday, May 04, 2005

manifesto 2005

Pon un bico na linguao teu bico no bicarelo do bico da linguae, sempre, con ela, bica.
Mil primaveras máis para o galegobicos 1000 na miña, túa,súa, nosa lingua.
Do teu -yo- ao meu -eu-que estoure un bico e que Galiza esperte.
Que esperte de Fonmiñá a Cabo Vilán.
Óiase, á fin,o bocexo da Galiza subversiva petrificada de séculos.
Os rumorosos non din nada de nada mais si temos castiñeiros de mil anos que resisten e especies foráneas achantadas na terra que rosman en galego e reclaman futuro.
Levantemos como estandarte a bandeira da imaxinación na que collemos todos/as,os/as que non naceron e os/as que están,os/as que han de vir e os/as que tiveron que marchartodos, desde aquí, acollidos, no mundo,desde aquí, en galego, no mundo.


Desde aquí, mentres oímos de lonxe o ruído da choiva e bailamos hip-hop na pista dun pub,mentres calamos cun amable descoñecido que encaixa no noso soño,mentres miramos como o camareiro lle serve unha copa á rapaza máis ghuai...quizais siga chovendo.
Desde aquí, mentres respiramos esta música,agora pesada e monótona,mentres do curruncho máis escuroa fermosura desa parella nos reclama,mentres atrapamos un chisco de ollo previamente imaxinado,e xa somos paspáns namorados...quizais non cese de chover.
Desde aquí, mentres fisgamos no bolso da amiga,mentres ensaiamos a retardada fuga, mentres nos queiman cun cigarro e só podemos ver a lúa sen as estrelas,quizais non pare xamais de chover.


Porque oídeo, nós somos:Unha prole de lucecús que alumean os buracos negros de Galiza.
Un exército de corazóns preñados de utopía que freará a colonización da escuridade.
Choiva maina que rega a nosa cultura milenaria.Humus patrio que garante a súa fertilidade.
Elixir que todo o cura.Un si agudo no inestable pentagrama que esnaquizará espellismos.
Lóstrego súbito que fará borralla da pel de cacique.
Porque con respecto aos pesimistas nós somos optimistas,e, aínda que non venda,
Comprendemos que quizais para atraer a turistas sexa preciso falar


Pero nós preferimos as cousas núas,sentar á mesa ós nosos mitos,e despois, entre nós, leriar:pode que Murguía fose mullerengo,que Rosalía soñase coa sombra de Aguirre,que Otero aprobase todos os alumnos,E Pondal... Pondal quizais non casase por manter a pensión.
E con respecto aos novos,preferimos o silencio xusto dalgúns/unhasque a cantarela doutros.


Así pois, luza ou non o Sol,sabédeo, seguiremos adiante.
na palabra inarticulada dos proscritos da linguaxeno trémulo beixo da condición de amantena ollada terrosa da nai sen froitono arrecendo da uz e do xurelo no andén da estación e no cumio do outeirona fonte da praza e na corredoira das vacasno visible do invisible e no invisible máis visibleque esquiva a nosa,vosa descuberta porque o galego é a voz das palabras que nos silencian Cómprenos a lingua para sermos luz nesta EUROPA caduca.


Que aniñe a nosa verdade no ventoe paira no Parlamento.